Sen tempo para asumir o seu cáncer linfático, Sergio deberá superar unha surrealista misión con... Ben, mellor dicho, "sen" a axuda de súa nai.

“Durante o ano de convivencia contra o meu cáncer linfático se algo me salvou, aparte do marabilloso sistema sanitario público, foi a comedia”. 
Así presenta Sergio Milán a súa curtametraxe Siempre a mano.
O director de pezas como Para Sonia ou Saber perder, presenta o seu traballo máis persoal ata a fecha. Unha historia onde o propio director espese, dunha maneira bastante literal, contando unha das tantas traxicómicas historias surrealistas que viviu durante o seu periplo. Unha curta que ademais contou no seu equipo con persoas que tamén pasaron por esa dura experiencia e que se uniron para sacar un sorriso a aqueles que o necesiten.    

O director  
Sergio Milán comeza a estudiar teatro con 14 anos. Con 18 viaxa a Madrid e estudia guión, montaxe e dirección cinematográfica na escola de cine e televisión SEPTIMA ARS. Continua os estudios de interpretación en diversas escolas entre as que destacan “LA LAVANDERÍA” e a escola de interpretación “JORGE EINES”. Ten traballado como coordinador de postproducción publicitaria en CP WORKS e como director para diversas campañas publicitarias. 
Na súa traxectoria profesional destacan o guión e dirección de curtametraxes que se ten feitos virales como “PARA SONIA” sobre o potencial da dobraxe como ferramenta de accesibilidade para persoas con discapacidade visual, sendo multipremiado en diversos festivais nacionais e internacionais. 
Actualmente traballa en teatro, televisión, cine e publicidade como actor, director e guionista. É membro fundador de LA JARTÁ TEATRO Y AUDIOVISUAL onde agrupa diversos proxectos en ambas disciplinas. É ademais profesor de fundamentos de rodaxe para actores e actrices en “ECE (Escuela de Creación Escénica-Madrid)”, impartindo tamén seminarios sobre entorno e posibilidades de creación actoral en audiovisual por diferentes cidades de España. 
Traballa tamén como locutor de radio, comezando seus primeiros pasos nos programas “LA BUENA DIGESTIÓN” e “NOMADAS DEL NÚCLEO” de RADIOCIRCULO (Circulo de Bellas Artes Madrid) onde foi co-director, guionista e presentador.