“Morte e o meu Avó” é unha curtametraxe de narrativa diverxente que habita entre a ficción e o documental para propoñernos unha reinterpretación da figura da Morte.
Desde a inxenuidade dun adulto que nunca perdeu a un ser querido, enfróntanos a unha reflexión sobre a ausencia, o engano da memoria e a fantasía da infancia.
BIOFILMOGRAFÍA
España, 1983.
Gon Caride estudou Comunicación Audiovisual en Salamanca e en 2008 emigrou aos Estados Unidos onde cursou un Master en Dirección e Dirección de Fotografía na New York Film Academy (NYFA) en Nova York.
Nos últimos 15 anos traballou como director, guionista, montador, director de fotografía e produtor nos Estados Unidos, o Reino Unido, Polonia, Francia, Portugal e España.
Os seus traballos anteriores foron seleccionados en máis de 100 Festivais Internacionais en máis de 30 países ao redor do mundo. Foi galardoado como Mellor Director, Mellor Guionista e Mellor Curtametraxe en numerosas ocasións.
Na actualidade está a traballar no desenvolvemento da súa primeira longametraxe e finalizando a postproducción dunha nova curtametraxe que trata sobre o racismo e o incrible mundo a accesibilidade no cinema.