castelán?

7 A 11 DE agosto 2024

IV MOSTRA
DE CINEMA
DO ROSAL

O ROSAL

Afrontamos este ano a cuarta edición da Mostra de cinema. ​Esta cuarta edición celebrarase en dúas localizacións diferentes; a primeira parte, de mércores 7 a sábado 10, na Praza do Maio de Tabagón. A entrega de premios en sesión vermú, o domingo 11 na Praza do Calvario do Rosal.
Presentamos unha ampla selección de curtametraxes entre os máis de 700 que se inscribiron na Mostra. Estamos seguros de que satisfarán ao espectador máis esixente. 
O teu goce da Mostra será a nosa recompensa

O sitio

A parte principal das proxeccións serán na Praza do Maio de San Xoán de Tabagón, O Rosal.
Tabagón está á beira do Miño, a un paso de Vigo e a un pasiño da Guarda, Tomiño e Portugal. 
A entrega de premios na Praza do Calvario da mesma vila do Rosal

O horario

As proxeccións das xornadas son ao aire libre, polo que necesariamente ten que ser pola noite. Para as datas de celebración das xornadas, está previsto o solpor un pouco antes das 22:00, polo que as proxeccións comezarán ás 21:30.
Durante as proxeccións, un chocolate quente para os asistentes.

A entrada

A entrada é gratuíta. Non podería ser doutra maneira, pois nin as xornadas nin a asociación organizadora teñen ánimo de lucro. A única limitación é o aforo, que dificilmente se pode completar, dada a extensión do lugar de celebración. O sábado remataremos cunha queimada.

Nós

Somos Ghorghalado, a asociación que organiza a Mostra de Cinema do Roseira.Somos unha asociación cultural que non se limita á organización deste festival de curtametraxes, senón que ao longo do ano realiza outras actividades, sempre no ámbito da cultura e o patrimonio.
Saber máis de nós.