Guión: Miguel R. berridi Director Fotografía : Víctor Chao Son: Carla Folgar Edición : Álex Rodríguez Música : Sara Gimeno Dirección Artística: Noa Orge
Cris e Elia
son unha parella que busca ter un fillo e que parecen vivir unha historia de
amor case perfecta. Dentro desta relación hai unha certa tensión subxacente,
problemas pasados, control, medos e un mal cheiro persistente no faiado ao cal
Cris ten prohibido ir. Tras unha forte discusión, Cris acaba desafiando á súa
parella e entrando no faiado prohibido, a pesar das advertencias dela.
BIOFILMOGRAFÍA
Nado en Vigo en 2003, comezou a súa labor como director no 2022
codirixindo a curtametraxe CA-I-RO, xunto a Hugo R. Morgado. Non sería ata
2023 cando realice a súa primeira dirección en solitario coa curtametraxe Xogo
de nenos, obtendo 15 seleccións en festivais e catro premios diferentes.
Ancora
é o seu terceiro traballo co cal ten grandes expectativas, debido a que é o
máis persoal e elaborado de toda o seu filmografía, incluíndo escenas de baile
realizadas xunto á súa irmá debido aos seus moitos anos no máis alto nivel da
ximnasia acrobática.