Asistente de Producion: Andrea Millaruelo Colorista: Lorena Hueso Música: Levis Mailo
Bruno está a preparar a cea con esmero. Martí espera sentado na mesa a pesar de que non está suficientemente convencido do que van cear. Curioso e cheo de preguntas leva á boca o primeiro bocado. Os dous nenos están sós para cear. Hoxe non están alí os pais?
BIOFILMOGRAFÍA
Tras case 12 anos traballando como creativo publicitario e profesor de guión publicitario na Universidade Autónoma de Barcelona, a vida creativa de Robert Rabanal deu un xiro inesperado grazas a un concurso de curtametraxes (FICCAT 2011).
Tras gañar en dúas ocasións o Festival Internacional de Curtmetratges en Català (2011 e 2013) decide abandonar a creatividade publicitaria e centrarse na produción de contido audiovisual. En 2014 funda CHEESEBURGER PRODUCTIONS SL co obxectivo de dirixir e crear as súas propias pezas de ficción (mentres crea contidos publicitarios). A día de hoxe produciu 5 curtametraxes e escribiu e dirixiu os últimos 4 obtendo múltiples nomeamentos e seleccións en festivais cualificadores como "Cerdanya Film Festival" ou "Tarazona e Moncayo".