 
                 Desde o 5 de agosto ata o 18 do mesmo mes, estará aberta ao público unha exposición que reúne fotografía, cinema e deseño gráfico.
                  
Dous apartados.
                  
Por unha banda trátase de poñer de relevo a íntima relación entre a fotografía, nai do cinema, con este. Para iso expoñeranse diversas fotografías de Alberte Alonso e outros fotógrafos e xunto ás mesmas un fotograma dalgunha película con similitudes coa anterior, sexa polo seu parecido ou polo que poida suxerir a quen a ve. 
Xunto a eles, unha breve explicación da foto e tamén do fotograma.
                  
A outra parte da exposición refírese á arte gráfica da cartelería que acompaña a calquera película. Trátase dunha selección de carteis, algúns de películas míticas e todos de películas que por unha ou outra cousa son importantes na historia do cinema. 
Xunto a cada cartel, unha descrición do mesmo e da película que anuncia
                
