castelán?

Ghorghalado somos unha asociación sen ánimo de lucro que ten como únicos obxectivos a promoción
cultural en calquera das súas expresións, así como a defensa e divulgación do noso patrimonio. 

Para os fins que nos son propios colaboramos ou procuramos a colaboración de cualquera que comparta os nosos obxectivos, sexa administración pública ou sociedade civil en calquera das súas formas. 

A nosa área de actuación é comarcal. Calquier persoa ou entidade que teña unha inquietude ou iniciativa que considere que encaixa nos nosos obxectivos e queira compartila, está convidada. Que fale con calquera de nós ou nos envíe un correo. 
Desde que comezamos a andar en abril de 2022, levamos realizado actividades musicais, exposicións, proxeccións de cinema e por suposto a organización da Mostra de Cinema do Rosal. Se es unha persoa con interese e queres unirche, serás benvida.