1. Obxecto A Mostra de Cinema do Rosal, Baixo Miño, ten por obxecto fomentar a
cultura cinematográfica a través das curtametraxes, facendo ver ao público que
son cinema.
A Mostra ten carácter internacional e admítense curtas de calquera
temática e país de procedencia.
2. Organización Está organizado pola asociación Ghorghalado.
3. Celebración A Mostra celebrarase durante os meses de xullo e agosto de 2026. A
proxección das curtas finalistas desde o 5 ao 8 de agosto.
4. Lugar Haberá proxeccións en diferentes localizacións da comarca do Baixo Miño.
A proxección das finalistas será na Praza do Maio de Tabagón, O Rosal.
Cando menos as proxeccións destas últimas serán ao ar libre en horario
nocturno.
Con posterioridade, durante o mes de agosto, e co fin de darlle a maior
difusión posible, proxectaranse seleccións das finalistas en diferentes lugares
da comarca.
5. Inscricións O concurso está
circunscrito a curtametraxes. Outras obras que se presenten, mesmo
longametraxes, poderán ser exhibidas fóra de concurso.
Pódense presentar
curtas a concurso ou fóra de concurso. Se non se indica nada, entenderase que a
inscrición é para concursar. Só entrarán na fase de concurso as obras que non
excedan de 30 minutos, incluídos créditos. As de duración superior poderán ser
exhibidas fóra de concurso ao longo de toda a Mostra.
A inscrición é
gratuíta. Poderá facerse na dirección de correo curtas@mostracinemarosal.org, a través da páxina web da Mostra de cinema do Rosal
completando o formulario correspondente ou por medio de calquera das
plataformas nas que está dada de alta a Mostra.
Para calquera dúbida,
contactar co correo contacto@mostracinemarosal.org
Na ficha de inscrición da obra debe especificarse
claramente quen ostenta a representación legal da mesma.
No caso de conseguir
premio con dotación económica, esta ingresarase á representación legal
designada. Calquera pago feito á devandita representación legal liberará á
organización da Mostra de responsabilidade se o pago debía facerse a outra
persoa.
Os autores ou autoras
das obras deberán contar cos permisos necesarios para utilizar imaxes ou música
que non sexan da súa autoría.
6. Prazos O prazo de
presentación vai desde o 01/02/2026 ata o 20/06/2026, ambos
inclusive. As presentadas con posterioridade poderán ser proxectadas, pero
sempre fóra de concurso.
O concurso constará de
dúas fases: selección oficial a concurso e finalistas. De entre estas últimas
sairán as gañadoras.
Con fecha límite no
06/07/2026 comunicarase aos autores e publicarase na web as obras seleccionadas a concurso. Antes do 13/07/2026
comunicaranse reservadamente aos autores as gañadoras.
As obras seleccionadas
serán proxectadas dentro da programación da VI Mostra de cinema do Rosal, a
celebrar nas datas antes indicadas. As finalistas proxectaranse nas xornadas do
5 ao 8 de agosto de 2026. A entrega de premios o 09/08/2026.
7. Posta a
disposición das curtas Deberase proporcionar
unha ligazón a Vimeo, Mega, Google Drive ou calquera outro sistema que permita
a descarga da obra sen perda de calidade.
Xunto coa curta,
proporcionarase o cartel correspondente, en PDF ou calquera formato gráfico,
preferiblemente nunha resolución de 300 ppp, así como unha sinopse da mesma e
demais información; dirección, elenco etc. Recoméndase o envío dun trailer que se poderá publicar na web da Mostra.
A organización da
Mostra poderá publicar un breve fragmento das obras presentadas na páxina web para información do público e
publicidade, acompañada sempre dos créditos suficientes para informar, como
mínimo, das persoas creadoras.
A organización non
cederá en ningún caso as obras presentadas a terceiros, salvo permiso explícito
das persoas autoras ou representante designando.
8. Condicións
técnicas Os formatos admitidos
para concursar ou participar deberá ser: · AVI, MOV, MP4,
MKV ou MPEG · Bitrate max. 15000 kbps. · Audio AAC · Resolución:
1280X720 ou superior. Recoméndase 1920X1080 ou 4K.
9. Idioma Admítense curtas en
calquera idioma.
Se os diálogos non son
en galego ou castelán, deberán presentarse os correspondentes subtítulos en
calquera dos dous idiomas. Admítense subtítulos incrustados pero recoméndase un
arquivo .srt ou similar aparte.
A simple presentación
dunha obra, facultará á organización a traducir os subtítulos ao galego. Esta
tradución estará posteriormente á disposición do titular da curta sen cargo
algún.
10. Exclusións A condena firme por
calquera delito do ámbito da violencia de xénero dalgún produtor, produtora,
director ou directora, provocará a suspensión inmediata da proxección e quedará
fóra do concurso de ser o caso.
11. Categorías a
competición e premios Establécense as
seguintes categorías e premios:
1) Premio do
xurado á mellor curtametraxe.
2) Premio do
público á mellor curtametraxe.
3) Premio do
xurado ao mellor guión.
4) Premio do
xurado á mellor actuación (feminina ou masculina).
5) Premio do
xurado á mellor fotografía.
6) Premio do xurado á mellor social.
7) Premio do xurado á mellor curta de temática rural.
Enviaranse os
correspondentes loureiros para as obras que entren na selección oficial,
resulten finalistas e finalmente ás gañadoras, a medida que finalicen as
sucesivas fases da Mostra.
A dotación económica
comunicarase con antelación suficiente á celebración da Mostra.
Todos os premios
indicaranse en cantidades brutas. Sobre eles aplicaranse no seu momento as
correspondentes retencións esixidas segundo a lei vixente.
A organización non se
fará cargo en ningún caso das comisións por realizar transferencias de crédito
a contas correntes non europeas polos premios outorgados.
12. O xurado Estará formado por
xente ou profesionais dos ámbitos do cinema, do audiovisual, da música, da
comunicación e da cultura.
Será anunciado antes
do inicio da Mostra e a súa decisión será inapelable.
Para facilitar os
premios do público, haberá un sistema de voto con todas as garantías.
Gañará a que consiga
mellor media aritmética, resultante de dividir a puntuación total obtida entre
o número de votantes.
O público poderá votar
ata 30 minutos desde que finalice a última proxección finalista.
Poderase declarar
deserto un premio polo xurado, debendo fundamentar a decisión. No caso dun
premio ex-aequo con dotación económica, esta repartirase ao 50%.
O xurado poderá
establecer as mencións especiais que considere oportunas.
A organización da
Mostra resérvase o dereito a tomar as decisións que se estimen oportunas en
todos os casos non previstos nas bases, sempre con audiencia da parte afectada.
A participación nesta convocatoria implica a aceptación destas bases.