ES

V  EDICIÓN

NOVIDADES

6 A 10 DE agosto 2025

O ROSAL, BAIXO MIÑO

PARTICIPAR

Afrontamos este ano a quinta edición da Mostra de cinema. ​Celebrarase en dúas localizacións diferentes; a primeira parte, dedicada ás proxeccións das curtas finalistas, de mércores 6 a sábado 9 na Praza do Maio de Tabagón. A entrega de premios en sesión vermú, o domingo 10 na Praza do Calvario do Rosal.

O sitio

A parte principal das proxeccións serán na Praza do Maio de San Xoán de Tabagón, O Rosal.
Tabagón está á beira do Miño, a un paso de Vigo e a un pasiño da Guarda, Tomiño e Portugal. 
A entrega de premios na Praza do Calvario da mesma vila do Rosal

O horario

As proxeccións das xornadas son ao aire libre, polo que necesariamente ten que ser pola noite. Para as datas de celebración das xornadas, está previsto o solpor un pouco antes das 22:00, polo que as proxeccións comezarán a esa hora.
Durante as proxeccións, un chocolate quente para os asistentes.

A entrada

A entrada é gratuíta. Non podería ser doutra maneira, pois nin as xornadas nin a asociación organizadora teñen ánimo de lucro. A única limitación é o aforo, que dificilmente se pode completar, dada a extensión do lugar de celebración. O sábado remataremos cunha queimada.

Nós

Somos Ghorghalado, a asociación que organiza a Mostra de Cinema do Rosal. Somos unha asociación cultural que non se limita á organización deste festival de curtametraxes, senón que ao longo do ano realiza outras actividades, sempre no ámbito da cultura e o patrimonio.
Saber máis de nós.