VELIA (7) rápase unha cella coa coitela de MARÍA, a noiva do seu pai, que a detén a piques de quitarse a segunda. O tema da coitela e a privacidade das súas cousas, desencadea un conflito entre María e o PAI da nena, que acaba deixando á pequena nun segundo plano. Velia sente culpable polo que xerou nos adultos, e é incapaz de comunicar o motivo polo cal se quitou a cella. Ás agachadas, escoita como o seu pai e a súa parella discuten, e presenciamos desde os seus ollos a falta de comunicación que hai entre eles. Aos poucos entendemos a conexión entre isto, e a falta de ferramentas da nena para expresarse, sumado a que a súa tendencia ante o conflito é illarse e sentirse culpable. Parece mesmo que a incapacidade do pai de achegarse a ela colócao a el nunha
situación onde a nena desexa coidalo.
BIOFILMOGRAFÍA
Alicia Úbeda Suárez (A Coruña, 1995) é licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid, con título honorífico, e licenciada no Máster en Produción Executiva da
Universidade da Coruña. Traballou como montadora e guionista na produtora rusa Vimotion, como profesora de guión e dirección e nos departamentos de dirección e produción de varias rodaxes. Actualmente, é auxiliar de produción executiva e desenvolvemento de proxectos na produtora Dentada Films.
Ratiña é a súa primeira curtametraxe, que forma a primeira parte de tres obras conectadas entre si, coa infancia autobiográfica como punto en común, poñendo o foco en como situacións aparentemente
insignificantes daquela época condicionan a nosa forma de ser como adultas.
Garabato, o segundo proxecto, está actualmente en fase de financiamento, e recibiu a axuda de produción de Agadic. Neste caso, a historia pon a mirada sobre a convivencia de Alicia e a súa irmá "Velia" cunha nai adicta.