28, 29 E 30 DE XULLO 2022

II XORNADAS DE CINEMA DO ROSAL

ABADÍA DE EIRAS

O sitio

As xornadas celébranse igual que a pasada edición, nos xardíns da casa rural Abadía de Eiras. A aldea do mesmo nome, en O Rosal, está situada á beira do Miño, a curta distancia de A Guarda e de Portugal.

O horario

As proxeccións das xornadas son ao ar libre, polo que necesariamente ten que ser pola noite. Para as datas de celebración das xornadas, está previsto o solpor ás 22:00 e polo tanto, as proxeccións comezarán a esa hora.

A entrada

A entrada é de balde. Non podería ser doutra maneira, pois nin as xornadas nin a asociación organizadora teñen ánimo de lucro. A única limitación é o aforo, que dificilmente se pode completar, dada a extensión do lugar de celebración.

ESTA É A PROGRAMACIÓN

1º Certame de videoclips xuvenís

Nesta segunda edición das xornadas hai dúas novidades. A primeira que son tres días, a segunda o 1º Certame de videoclips xuvenís.
Unha selección do que se presente será proxectado como incio das xornadas, o xoves 28 de xullo.
Ás autoras ou autores que figuren na selección proxectada, entregaráselle un diploma acreditativo.

Xoves 28 de xullo

Día de comezo das xornadas.
Despois dos videoclips xuvenís proxectaranse cinco curtas e un documental.
Entre as curtas seleccionadas para este día contamos con Las Muelas del Cuco, A Última Noite co Tonio ou o documental Patrimonio Habitado.

máis información

Venres 29 de xullo

Nesta noite proxectaranse as curtas ¿Viejos?, O que queda, Deux Options, Mama, Fantasmas e o documental Afranio.

máis información

Sábado 30 de xullo

Catro curtas seleccionadas; Fils Trencats, Cocodrilo, Casa bonita e Lurna. Despois o documental Negro púrpura

máis información

Moi agradecidos pola colaboración desinteresada de toda a xente que axuda a facer posibles estas segundas xornadas, moi especialmente a: