Documental 1h 22m. 2021 galego
Traballo
de campo, guión e dirección:
Sabela
Iglesias y Adriana P. Villanueva
Produción: Illa
Bufarda
Dirección
en rodaxe:Sabela
Iglesias
Dirección
de fotografía: Pilar
Abades
Son
directo:Adriana
P. Villanueva
Montaxe:Sabela
Iglesias
Postprodución
de son:Marco
Maril
Etalonaxe e efectos especiais: Adriana
P. Villanueva
Composición
musical:Paulo
Pascual
Voces
en off:Dolores
Castro Viaño, Toni Salgado, Xosé Barato, Bernardo Casado, Paco
Barreiro,
Txema
Regalado, Matthias Rehrl y Oliver Besthorn
Negro Púrpura retrata a Galiza do s. XX a través do Claviceps purpurea, un fungo alucinóxeno que agroma nos cereais e que abre as portas a unha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da nosa cultura e da economía dunha época. Caruncho, cornecelo, dentón, cornello, grao de corvo… este fungo de mil nomes conéctanos co resto do mundo e alimenta os relatos dende a porta da veciña ata as multinacionais farmacéuticas e a CIA; dende as pragas medievais, pasando pola medicina popular, ata o LSD. Historias esparexidas que deixan un gusto amargo ao pan de centeo e que repercuten traspasados os océanos. Unha codia que garda un miolo delirante.
LSD, multinacionais farmacéuticas, pragas medievais, medicina popular e a CIA conectadas por un fungo alucinóxeno coñecido como ouro negro na Galiza do s.XX.
A HISTORIA DO
CARUNCHO:
Esta
película ten, antes da escritura do guión, un longo proceso de
investigación e documentación.
Podemos
incluír este filme dentro do denominado cinema etnográfico, pois
aborda un tema que nos conecta coa sociedade rural galega de mediados
do S.XX, aproximándose tamén a multitude de áreas de coñecemento:
antropoloxía, medicina, botánica, historia contemporánea,
economía… e poñendo o foco en temáticas universais como a morte,
a doenza, a vida, a subsistencia e a dor.
O
caruncho do centeo, os seus usos, a súa colleita, a venda, o
contrabando na fronteira con Portugal, todo o seu simbolismo... fai
que poidamos estar falando dun feito social total (Mauss,1971) porque
deste fungo despréndense non só actos individuais e experienciais,
como rexistra o filme, senón que tamén nos permite entender as
chaves do mundo nun plano relixioso, histórico, económico e social.
As
intervencións a través das radios e televisores que van aparecendo
no filme trasládannos a noticias do pasado e a acontecementos
noutros lugares do mundo.
Proxeccións
:
Ano
2022.
Concello
das neves, pontevedra | 13 de novembro.
Mostra
de Cinema do Rosal | 30 de xullo.
Caldas
de Reis (organiza o fogar do maior), auditorio municipal
Jerez,
II Festival de cine flamenco y etnográfico de Jerez
Concello
do Barco de Valdeorras
Cineclub
Bueu, centro social do mar. Ciclo de cinema galego 6 de maio
Mesía,
casa da cultura de Xanceda
Reino
Unido, Galician film forum. King’s college London,
lucas lecture theatre
Murcia,
filmoteca regional Francisco Rabal. Panorama IBAFF
Valga,
ciclo de cinema social. Casa da cultura de Ponte Valga
Ano 2021
Santiago
de Compostela, númax
Tui,
Playdoc
A
Coruña, Cantones cines
A
Coruña, cine Yelmo Rosales
Lugo,
cine Yelmo As Termas
Vigo,
Multicines Norte
Vigo,
cine Yelmo Vigo
Barcelona,
Zumzeig cinema
Ferrol,
Dúplex Cinema
Nigrán,
auditorio municipal
Cangas,
cineclube
Noia,
sociedade liceo, mostra curtas de noia
Madrid,
círculo de bellas artes
As
Pontes, casa Dopeso
A
Pobra do Brollón
Lugo,
escola politécnica superior, salón de actos
Vilalba,
auditorio municipal
Monterroso,
salón de actos do centro sociocultural
Ames,
auditorio de Bertamirán
Cabreiros,
invernada de cine
Saviñao,
círculo recreativo
Cee,
auditorio Baldomero Cores
Meira,
casa da cultura
Sarria,
casa da cultura
Santiago
de Compostela, Museo do Pobo Galego, xornada «pan, amasar fungos e
mundos»
Pontevedra,
novos cinemas
Ferreira
do Valadouro, casa da cultura
Palma
de mallorca, cineciutat
Carballiño,
cineclube
Cáceres,
filmoteca de Extremadura
Jaraíz
de la Vera, Cáceres, filmoteca de Extremadura