Documental 47m. Galego
Dirección:
Illa Bufarda
Guión: Illa Bufarda
e MaOs Innovación Social
Produción: UTE Feitoría
Verde MaOs Innovación Social
Produción
executiva: Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés
Gravación,
edición e postprodución: Illa Bufarda
Música: Kérkennai e
A Quenlla
Viaxe polo patrimonio da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés a través dos seus seis concellos (Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños) na procura de relatos en primeira persoa sobre formas de vida, oficios e festexos, e atopa elementos patrimoniais que, xunto coas serras, ríos e monumentos, definen e outorgan identidade a este territorio nun proceso etnográfico e audiovisual de recollida do patrimonio inmaterial vivo.
Illa Bufarda.
Nun punto
latitudinal do Mar Cantábrico que coincide cun eixo lonxitudinal do Océano
Atlántico, emerxeu no 2012 unha pequena superficie de terra que se deu en
chamar Illa Bufarda [ˈiʎa̝ buˈfaɾða̝].
Foi albiscada, no instante no que aflorou,
polas súas primeiras habitantes: Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva. Pasado o tempo, no ano 2019, Pilar Abades, chega á illa para habitala.
O nome deste novo
territorio fai referencia ás pequenas xanelas das tradicionais construcións
galegas polas que se filtran os raios de luz: as bufardas, a través das cales
podemos encadrar historias, imaxes, paisaxes e un sen fin de
realidades e ficcións.
Illa Bufarda é un
territorio creativo que medra co tempo con cada proxecto que agroma na súa
superficie. O seu clima caracterízase durante todo o ano por abundantes
tormentas de ideas e temperaturas atmosféricas moi expresivas.
O ecosistema é
tan diverso en fauna e flora coma os imaxinarios que a transitan.
As habitantes da Illa
Bufarda comunícanse principalmente co audiovisual, linguaxe que abrangue moi
diversas expresións: animación, fotografía, deseño... coas técnicas máis
acaídas para cada proxecto.