castelán?

27, 28 E 29 DE XULLO 2023

III MOSTRA
DE CINEMA
DO ROSAL

Abadía de Eiras

Afrontamos este ano a terceira edición da mostra de cinema, a celebrar como as anteriores no recinto da Abadía de Eiras.
Presentamos unha selección de curtametraxes e documentais que seguro satisfarán ao espectador máis esixente.
Priorizamos a calidade e a mensaxe sobre a novidade, tratando de combinar os contidos coa diversión. 
Nesta edición introducimos unha sección dedicada a curtas polas que non pasa o tempo. Son curtas repousadas.
O teu desfrute das xornadas será a nosa recompensa

O sitio

As xornadas celébranse igual que a pasada edición, nos xardíns da casa rural Abadía de Eiras. A aldea do mesmo nome, en O Rosal, está situada á beira do Miño, a curta distancia de Vigo e a un pasiño de A Guarda, Tomiño e Portugal.

O horario

As proxeccións das xornadas son ao ar libre, polo que necesariamente ten que ser pola noite. Para as datas de celebración das xornadas, está previsto o solpor un pouco antes das 22:00, polo que as proxección comezarán ás 21:30.
O xoves, apertura é ás 21:00 horas.

O sábado clausuramos cunha queimada.

A entrada

A entrada é de balde. Non podería ser doutra maneira, pois nin as xornadas nin a asociación organizadora teñen ánimo de lucro. A única limitación é o aforo, que dificilmente se pode completar, dada a extensión do lugar de celebración.