castelán?

Ghorghalado somos unha asociación sen ánimo de lucro que ten como únicos obxectivos a promoción cultural en calquera das súas expresións, así como a defensa e divulgación do noso patrimonio. 

Para os fins que nos son propios colaboramos ou procuramos a colaboración de calquera que comparta os nosos obxectivos, sexa administración pública ou sociedade civil en calquera das súas formas. 

A nosa área de actuación é comarcal. 

Calquera persoa ou entidade que teña unha inquedanza ou iniciativa que considere que encaixa nos nosos obxectivos e quere compartila, está convidada. Que fale con calquera de nos ou nos mande un correo. 

Desde que botamos a andar en abril deste 2022, levamos feito actividades musicais, exposicións, proxeccións de cinema e por suposto a organización da Mostra de Cinema do Rosal. 

Se eres unha persoa con interés e queres unirte, serás benvida.