Curta. 13:27. Fantástico, muda. Catalunya
Alicia Martí, Victoria Crespo, Berta Saura, Alba Millaruelo, Ferrán Vallés
Dirección guión e edición : Josep Oller
Dirección de Fotografía e Cámara: Cristina Buxó
Xefe de Producción: Òscar Lamarca
Vestiario: Annabel Barrufet
Maquillaxe: Anna Barnau
Música: Julián Álvarez
"A Jeunesse de Alicia" é unha curta muda ambientada a principios de S.XX, inspirado no mito de Fausto e na
adaptación de Murnau do 1926. Nesta ocasión, con todo,
as protagonistas serán mulleres, incluso Mefisto.
Outro dos referentes da curta é a maxia de George
Méliès, as súas aparicións e desaparicións en bombas de fume,
tentando recuperar ese encanto do cinema nas súas orixes.
Para conseguir este efecto traballouse tamén a textura da imaxe, tanto en canto a gravación como de postproducción e etalonaxe. Tamén se recuperaron outros elementos propios do cinema mudo, como o cambio de tinguidura de cor
das secuencias, cunha pequena variación ao final, pasando a cor..
Josep Pller, o director.
Nacido en xullo de 1989, é licenciado en física pola
Universidade de Barcelona e diplomado en dirección e guión
de cinema na escola Bande à Part de Barcelona.
Realizou distintas curtametraxes como director e guionista, entre os que destacan Talleu, Cabòries, Relacións Electrónicas e a Jeunesse de Alicia. A súa especialidade é a comedia e a fantasía. Estes traballos
foron seleccionados en festivais de cinema
como: FESCIGU 2016, Festival de Cinema de Xirona
2016, Shortly Week Fest 2017, Festival de Cinema da
Cerdanya 2017, Riu Rau Film Festival 2017, Mostra
Iberoamericana de Cinema Universitario (MICU) 2018, Mostra
Internacional de Cinema Outros Cinemas 2018 ... entre outros.
En 2019 funda xunto con Inés Rubinat a produtora
"Films en off", encargada da produción e distribución do seu último curto; A Jeunesse de Alicia.