Barcelona, 1992. Un historiador mantén unha conversa cun home misterioso que, despois da Guerra Civil Española, foi testemuña dun dos episodios máis escuros da ditadura franquista. Pronto, o encontro convértese nun intercambio de recordos daquel ano 1940, o outono da historia.
Josep Pller, o director.
Nacido en xullo de 1989, é licenciado en física pola
Universidade de Barcelona e diplomado en dirección e guión
de cinema na escola Bande à Part de Barcelona.
Realizou distintas curtametraxes como director e guionista, entre os que destacan Talleu, Cabòries, Relacións Electrónicas e a Jeunesse de Alicia. A súa especialidade é a comedia e a fantasía. Estes traballos
foron seleccionados en festivais de cinema
como: FESCIGU 2016, Festival de Cinema de Xirona
2016, Shortly Week Fest 2017, Festival de Cinema da
Cerdanya 2017, Riu Rau Film Festival 2017, Mostra
Iberoamericana de Cinema Universitario (MICU) 2018, Mostra
Internacional de Cinema Outros Cinemas 2018 ... entre outros.
En 2019 funda xunto con Inés Rubinat a produtora
"Films en off", encargada da produción e distribución do seu último curto; A Jeunesse de Alicia.