Unha moza está en tratamento no hospital por un trastorno que sofre na
pel. Procura unha vida mellor. Pero todo este proceso e os problemas que encontra
no camiño teñen un grande impacto físico e emocional nela. De repente, pregúntase
a si mesma, é este o camiño correcto?
PENSACHES ALGUNA VEZ QUE SE SENTE POÑÉNDOTE NA MIÑA PEL?
"Vivimos nunha sociedade que da moita importancia a apariencia
física, pero que ocorre cando hai persoas que non encaixan neste ideal
estético. Que ocorre cando o motivo polo que non encaixan escapa ao seu
control?
CUATRO TREINTA é unha curtametraxe sobre as dificultades ás
que se enfrentan as persoas que son visualmente diferentes a causa dunha enfermidade
da pel, a presión que exerce a sociedade sobre elas e as súas de superación.
O obxectivo da curtametraxe é loitar contra a estigmatización
destas persoas e rachar el silencio e o aillamento ao que se ven empurradas.
Visibilizar os problemas emocionais e aliviar o sentimiento de culpa que recae
sobre elas. Persoas que simplemente aspiramos a mellorar a nosa calidade de
vida.
Esta historia nace dun proceso persoal, dun sentimento de soidade,
dunha realidade que non se ve e dun pensamiento que di ‘todo isto polo que estou
pasando e non o sabe ninguén’. Esta historia, en parte, está basada en min,
pero ao mesmo tempo tamén se pode sentir reflectida moita outra xente que sufre
por motivos similares. Persoas que senten que están soas no mundo, pero que en
realidade non o están, somos moitas.
Ademais, é unha curtametraxe de carácter social e, sobre
todo, con acento feminino, non só no equipo artístico, protagonizado por Aida
Llop, senón tamén no equipo técnico. Isto era moi importante para min, amosar o
compromiso de salientar facer visible o papel da muller en todos os eidos do cinema. Entre
todo o elenco técnico, destacar a participación de Núria Pérez como directora
de fotografía e Teresa Caballero como directora de arte.
O proxecto conta co apoio da fundación Acción Psoriasis de
Barcelona e do Col·legi Oficial d’Infermers i Infermeres de Barcelona".
Anna
Escurriola Peña
Directora
de Cuatro Treinta
A DIRECTORA
Anna Escurriola Peña é licenciada en Bellas Artes pola
Universidade de Barcelona. Actualmente compaxina o seu traballo na produción
audiovisual coa docencia, sendo profesora de Dirección de Arte de Cine na
Universitat Internacional de Catalunya. En producción cinematográfica,
"Cuatro Treinta" é a súa primeira creación orixinal. Anteriormente,
participou no premiado documental "Socotra: The Hidden Land" como
coguionista, productora e montadora. Tamén dirixiu numerosas pezas audiovisuais
para importantes empresas e marcas de Barcelona.