Dous descoñecidos, un home e unha muller,
atópanse nun hotel romántico. Accidentalmente tropezan un co outro e cáenlles
as chaves de camiño ás súas habitacións. Todos os ingredientes para unha bonita
historia de amor...
O
director:
Nuno Rocha con moi pooucas producións é un dos creativos máis recoñecidos do
formato curtametraxe. Ben sexa porque ten esa capacidade, que xa quereríamos
moitos, de reducir unha historia persoal a uns poucos minutos, carecendo de
todo diálogo, ou ben porque a súa obra explora a singularidade dos suxeitos que
se encontran, pero que non pasan de largo senón, que se miran, que se proban,
que se superan e que, sobre todo, constitúen a composición de si mesmos e dos
outros.
Non hai dúbida de que Rocha é un dos referentes inmediatos da sensibilidade
fílmica. A proba de iso é o grande recoñecemento que recibe a súa
obra.