Curta. 3:26. Comedia, drama, castelán. 2022. España
Sara Escudero, Juan Díaz y Melissa Morán
Dirección: Sergio Milán
Guión: Sergio Milán
Produción: Belino Production
Dir. de fotografía: Fran Ramos
SACANDO PECHO, de Sergio Milán, unha historia sobre o cancro que aborda a enfermidade cun toque de ironía e moito humor. A curtametraxe funciona como segundo capítulo de SIEMPRE A MANO, curta proxectada na edición pasada. Os dous forman parte de ACTOS POR PARTES.
O director
Sergio Milán comeza a estudiar teatro con 14 anos. Con 18 viaxa a Madrid e estudia guión, montaxe e dirección cinematográfica na escola de cine e televisión SEPTIMA ARS. Continua os estudios de interpretación en diversas escolas entre as que destacan “LA LAVANDERÍA” e a escola de interpretación “JORGE EINES”. Ten traballado como coordinador de postproducción publicitaria en CP WORKS e como director para diversas campañas publicitarias.
Na súa traxectoria profesional destacan o guión e dirección de curtametraxes que se ten feitos virales como “PARA SONIA” sobre o potencial da dobraxe como ferramenta de accesibilidade para persoas con discapacidade visual, sendo multipremiado en diversos festivais nacionais e internacionais.
Actualmente traballa en teatro, televisión, cine e publicidade como actor, director e guionista. É membro fundador de LA JARTÁ TEATRO Y AUDIOVISUAL onde agrupa diversos proxectos en ambas disciplinas. É ademais profesor de fundamentos de rodaxe para actores e actrices en “ECE (Escuela de Creación Escénica-Madrid)”, impartindo tamén seminarios sobre entorno e posibilidades de creación actoral en audiovisual por diferentes cidades de España.
Traballa tamén como locutor de radio, comezando seus primeiros pasos nos programas “LA BUENA DIGESTIÓN” e “NOMADAS DEL NÚCLEO” de RADIOCIRCULO (Circulo de Bellas Artes Madrid) onde foi co-director, guionista e presentador.