A vida de Filomena esta tinguida de pobreza e unha triste sombra de calamidade e tormento. Os terribles acontecementos da súa infancia, nunha aldea galega de finais do século XIX, marcarán o carácter da súa existencia. A pesar de todo, terá oportunidade de cambiar o seu destino?
BIOFILMOGRAFÍA
Alberto Díaz López (Bóveda, 1984) é Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade Rey Juan Carlos e posúe un máster europeo en Estudos sobre Cinema.
Naquel momento realiza a súa primeira curtametraxe, Stringless, que foi definido como “unha peza con capacidade de innovar na forma unha montaxe hipertonal e que posúe unha emocionante estrutura post moderna” festival Ca’Foscari de Venecia.
Recentemente realizou un taller de Cinema Autorreferencial na Escola Internacional de Cinema de San Antonio dos Baños (Cuba) grazas a unha bolsa concedida pola SGAE. Actualmente, está a traballar no guion da súa primeira longametraxe.
Apaixonado da teoría cinematográfica e do discurso poético en xeral realizou diferentes traballos audiovisuais nos que, xeralmente, levou a cabo labores simultáneos de guion, dirección e postproducción coa produtora Dentada Films, da cal é propietario. Tamén é fundador da distribuidora de curtametraxes Yaq Distribución pola que xa pasaron 500 pezas audiovisuais.
Entre os seus proxectos como guionista, director e produtor suma máis de 1500seleccións e 300 premios internacionais. Sempre no triángulo do poético, o sensorial e o filosófico.
Ademais, gozou como artista en residencia dunha das bolsas máis importantes de arte contemporánea nacional na Real Academia de España en Roma para a creación dun ensaio documental de título Lembranza.