A través da mirada duns nenos, "A Paz dos Cemiterios" narra unha historia real de supervivencia e fraternidade no medio dos abusos perpetrados por un cura, durante a postguerra española, nunha contorna onde o medo exerce o seu poder para silenciar á sociedade.
BIOFILMOGRAFÍA
Guionista e Directora de proxectos de ficción e documental, entre os que destacan a curtametraxe Pulse 0 (2017), longametraxe O Pomo Azul (2017),galardoado co premio a Mellor Longametraxe Social en Cerdanya Film Festival e o nomeamento a longametraxe independente en Blogos de Ouro 2018, e a película documental Unha Mañá Fría, gañadora do premio a Mellor longametraxe nacional no 28 Festival de Madrid, Premio Atresmedia Ponlle Freo e Medalla ao mérito polo Ministerio do Interior de España, entre outros.
Profesional activa na industria, traballou como Directora de Arte en máis de 30 proxectos entre ficción, publicidade e videoclip, destacan as coproducións de longametraxes de época España-Marrocos Palestina (2018)e Lalla Aicha (2019), en 2020 realiza a arte da serie internacional Glow & Darkness e en 2022 Unha longa viaxe. Actualmente é a Directora do #Máster de Dirección de Arte en cinema de “The Core School”.