"Pachamama" é unha curtametraxe documental que mostra a conexión dos pobos orixinarios dos Andes en Sudamerica coa natureza, o seu respecto e agradecemento á nai terra. Unha peza audiovisual que nos transporta a unha terra que mantén asine as súas tradicións, onde o rol da muller foi clave para a preservación da cultura destes pobos. Unha montaxe que fai unha analogía co feminino, poñendo en escena ás tecedoras aymaras do pobo de Colchane en Chile, nun territorio cheo de contrastes e cores como a incrible lagoa vermella, facéndoo un deleite visual.
BIOFILMOGRAFÍA
Alejandro Valenzuela de profesión deseñador gráfico, comezou de forma autodidacta no rubro audiovisual o ano 2004. Entrando ao mundo da publicidade con vídeos corporativos, anuncio comerciais e animación. O 2015 funda Valdan grupo Creativo, unha produtora audiovisual que logra posicionarse moi ben no norte de Chile.
O seu traballo vinculado ao turismo, crea importantes lazos cos pobos orixinarios da Rexión de Tarapacá en Chile, creando pezas audiovisuais étnicas e identitarias. Este vínculo coa súa terra, faio achegarse a o cinema documental coa súa primeira curtametraxe ?Pachamama?, sendo este o primeiro paso ao cinema, unha paixón pendente que se concreta despois de 18 anos de experiencia no rubro audiovisual.