Richi confía nunha Intelixencia artificial para conseguir un pésame sincero tras a morte do familiar dunha amiga. Pero a misión de simular a súa escasa empatía, complicarase máis do que parece.
BIOFILMOGRAFÍA
Director, guionista, montador e debuxante de storyboards, entre outras cousas, Rubén Bautista desenvolveuse en varios aspectos dentro do sector audiovisual e cinematográfico desde que se licenciase en Comunicación Audiovisual no 2006. Gana o seu primeiro premio no Certame do Creamurcia ese mesmo ano, obtendo tamén premios na categoría de Literatura e Cómic. Neste último ámbito realizou storyboards para varias campañas publicitarias, así como os de traballos propios ou para terceiros.
En 2010 traballa na produtora Sunnday como guionista, montador e/o director de varios anuncios e videoclips. Tamén colabora en distintos proxectos audiovisuais relacionados, entre outros, co Concello de Murcia, e forma parte do xurado do Festival de Cine Fantástico Europeo de Murcia, SOMBRA.