ES

Este é o xurado da VI Mostra de cinema do Rosal

Carlos Villanueva

Concelleiro de cultura do Rosal. Representa á administración patrocinadora. 
Músico. Profesor de bioloxía e xeoloxía no IES Antón Alonso Ríos. Natural de Bueu, é veciño do Rosal desde 1995. 
Desde sempre vinculado ao mundo da cultura, fundamentalmente a través da música. Como músico tocou en grupos de rock de Vigo nos anos 80. Forma parte desde o ano 2000 do grupo De Outra Margem, de música galego portuguesa, toca na Banda da AMdoR desde 2009 e no grupo de música tradicional Vos Carballas desde o ano 2012.
As súas inquietudes culturais sempre estiveron ligadas ao mundo da música. Ademais, entre o 98 e o 2001 formou parte do equipo de redacción da revista Río, editada pola Asociación Eliseo Alonso. 

Nani Matos

Actor, guionista e director. Escribe e dirixe as curtametraxes Dies dei (2009), Flores para Amalia (2013) e Lurna (2016), obtendo entre eles máis de 200 seleccións nacionais e internacionais e preto de 50 premios. 
Lurna  estivo seleccionada en máis de 25 países. Obtivo, entre outros, o premio á mellor curtametraxe en festivais como o Festival de Cinema insurxente Cinecipó (Brasil), o Camaiore Film Festival (Italia), o Festival pola Igualdade e contra o Racismo (España) etc. 
A súa última curta, Antes de que se poña o sol, acadou o premio do público na IV Mostra de Cinema do Rosal.
Nani Matos desenvolve, actualmente, a súa actividade na escritura de varios proxectos ligados ao audiovisual e na interpretación teatral.

Raquel Menor

Raquel Menor é productora de cinema e teatro, guionista e actriz. 
Produciu ¿Recuerdas Cuando Estábamos Enamorados? ou Cuarzo, seleccionado en festivais nacionais e internacionais e varios premios (Festival de Málaga á Creación). 
En teatro, Hechos Furiosos. Estreo Internacional Teatro La Capilla (CDM). 
Como guionista as longametraxes A Nosotros tu Reino ou La Oveja Negra, así como varias curtas premiadas internacionalmente. 
Como actriz pódese ver o seu traballo en Bajo La Luz Roja ou Vestida de Blanco, entre outras longametraxes. É tamén actriz de teatro e de dobraxe. Entre outras curtas, protagoniza Me Voy a Quedar, que foi finalista na IV Mostra de Cinema do Rosal.  

Bieito Álvarez Carrero
Máis coñecido como BIEITOSOLO, iniciou seus estudos no conservatorio de A Guarda e continuou no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. 
Ten tocado en varias formacións de grupos de rock, musica afroamericana , pop e jazz.
É un músico multi instrumentista que crea un cóctel sonoro onde mistura os diferentes estilos musicais Crea os seus temas cun loop dun xeito fluido. Toca e grava en directo distintos instrumentos (guitarra, baixo, banjo, percusións).
A sua música combina temas propios con adaptacións cantadas en galego Realiza proxectos temáticos como “ Música nos lavadoiros” recreando o ambiente musical da época, historia e evolución da musica cubana, “Cachiños da decada dos 70, " Cachiños da decada dos 80… e actualmente este proxecto de “Música de cine” onde se fai un repaso das melodías mais emblemáticas.
No 2023 publicouse o seu EP, “A bicicleta de Tolstoi”, dispoñible nas plataformas dixitais.

Elena Alonso

Achega unha óptica diferente ao xurado. ​Vinculada desde hai anos ao Colectivo San Roquiño, non só actúa nas súas producións, tamén é coautora dos guións de moitas delas, maquilladora e modista.
Conta cunha traxectoria  profesional de 30 anos como deseñadora de roupa en diferentes firmas galegas e máis de 20 anos como responsable do departamento de compras nunha empresa do sector téxtil.
Polifacética como poucas, sempre está disposta a botar unha man en calquera actividade cultural. É a presidenta do Centro Goianés, de gran actividade cultural (teatro, concertos, exposicións, presentación de libros...). Colabora tamén co entroido de Goián e baila. Dela pódese dicir que se se trata de expresión cultural, apúntase a todo sen facer distinción. 

Xoán Gándara

Representa á asociación Ghorgholado, organizadora da Mostra.
Leva na organización da Mostra de cinema do Rosal desde o comezo. Cinéfilo, autor dalgunha curta. Desde sempre interesado pola cultura. 
Cando ten tempo escribe. Varias publicacións só ou con outros autores.